jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Volve a arrefriar e chega chuvia

Volve a arrefriar e chega chuvia
Volve a arrefriar e chega chuvia

As temperaturas oscilarán entre os 15 e os 19 graos en Santiago

Durante o venres irase perdendo a influencia anticiclónica sobre Galicia, cambiando os ventos a compoñente sur. Con esta situación, os ceos presentarán máis nubes canto máis ó oeste, onde mesmo haberá chuvias, de carácter feble en xeral, que serán máis xeneralizadas pola noite. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur.

En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o venres e o sábado pola noite. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en descenso notable, a pesar de que oscilarán.

Fuente: Meteogalicia

Comentarios
Lo más