miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un coche empótrase contra un muro en Bertamiráns

Un coche empótrase contra un muro en Bertamiráns
Un coche empótrase contra un muro en Bertamiráns

Tivo lugar na rúa Rosaleda, no centro urbano de Bertamiráns (Ames)

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión participou este martes no operativo de asistencia a un accidente por saída de vía cunha persoa ferida que tivo lugar na rúa Rosaleda, no centro urbano de Bertamiráns (Ames). 

Os técnicos do GES brionés recibiron o aviso do 112 ás 18:25 e desprazáronse ata o lugar do sinistro, onde o turismo se saíu da estrada para rematar chocando contra un muro. A persoa ferida foi trasladada ao hospital polo 061. Na intervención tamén participaron integrantes da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Ames, Policía Local de Ames e 061.

Comentarios
Lo más