Volve o sol e a calor
08:00 30/06/21
08:00 30/06/21
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 24 graos
O mércores Galicia recupera a influencia anticiclónica. Así, o ceo estará parcialmente nubrado pola mañá en xeral e máis despexado pola tarde. Bancos de néboa matinais en zonas de interior. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de dirección variable.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en ascenso lixeiro, a pesar de que oscilarán.
Fuente: MeteoGalicia