jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Brión e a Escola Deportiva Santiago organizan o I Campus EDS 2021

Brión e a Escola Deportiva Santiago organizan o I Campus EDS 2021
Brión e a Escola Deportiva Santiago organizan o I Campus EDS 2021

Terá lugar en catro quendas do 5 ao 30 de xullo

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e o presidente da Escola Deportiva Santiago, Santiago Araújo, presentaron o I Campus EDS, unha actividade promovida pola Concellería de Deportes brionesa e que terá lugar en catro quendas do 5 ao 30 de xullo. A Escola Deportiva Santiago organiza este campus, no que tamén colaboran a Deputación de A Coruña, Feiraco e Gadis.

Pablo Lago destaca que esta actividade nace co obxectivo de “ampliar a oferta de servizos que axuden á veciñanza a conciliar a vida familiar e laboral no período estival” e servir para que os nenos e as nenas de Brión “se divirtan e aprendan os valores que achega o deporte”.

Pola súa banda, Santiago Araújo subliñou que a entidade é “pioneira en Galicia na organización deste tipo de campus” e amosou a súa satisfacción por levar o seu método “por primeira vez a Brión”.

Inscricións

O I Campus EDS Concello de Brión está dirixido a nenos e nenas de 4 a 14 anos. Terá lugar no pavillón e no campo de fútbol municipais en horario de 10:00 a 14:00 horas e en catro quendas semanais: do 5 ao 9 de xullo, do 12 ao 16 de xullo, do 19 ao 23 de xullo e do 26 ao 30 de xullo. As clases serán impartidas por xogadores e adestradores titulados da Escola Deportiva Santiago, con adestramentos específicos para porteiros O prezo será de 85 euros por quenda, 150 euros dúas quendas, 210 euros tres quendas e 240 euros polo campus completo. Haberá un 10% de desconto para familias numerosas e para o segundo irmán/irmá. Os prezos inclúen equipamento e merenda. As inscricións poden realizarse na Biblioteca Municipal de Brión, a través do mail escolasantiagocf@gmail.com ou o teléfono 981 509 99, en horario de mañá.

Comentarios
Lo más