miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Compostela súmase á campaña Panos Brancos contra a Droga

Compostela súmase á campaña Panos Brancos contra a Droga
Compostela súmase á campaña Panos Brancos contra a Droga

O Concello de Santiago súmase un ano máis á campaña da FEGAMP e a Fundación Galega contra o Narcotrófico, que se celebra con motivo do Día Internacional contra as drogas.

A campaña, que conta cun amplo respaldo social e garantía de éxito, dado que se deseña en estreita colaboración con múltiples colectivos sociais, entidades e institucións, leva o nome de Panos Brancos. Converteuse dende o principio no maior e máis contundente movemento social de rexeitamento ás drogas e ao narcotráfico, cumprindo este ano 2021 a súa décimo quinta edición.


O propósito destes actos é conmemorar de forma especial o Día Internacional contra a droga, establecido pola Organización de Nacións Unidas –ONU. 

Comentarios
Lo más