miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Aparecen as nubes este sábado

Aparecen as nubes este sábado
Aparecen as nubes este sábado

En Santiago as temperaturas oscilarán entre os 12 e os 21 graos

O sábado irase achegando progresivamente a Galicia unha fronte pouco activa polo norte. Agárdase así unha xornada con máis nubes canto máis ao norte onde se pode rexistrar algunha chuvia de carácter feble ao final do día. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios, mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos moderados nas Rías Baixas.

En Santiago, teremos ceos con nubes e claros con momentos moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o domingo pola tarde e o luns pola mañá. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán lixeiramente e máximas que descenderán notablemente.

Fuente: Meteogalicia

Comentarios
Lo más