Nin unha nube no horizonte
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 28 graos
Durante o venres agárdase predominio das altas presións, con entrada de aire cálido de latitudes inferiores. Con esta situación, os ceos estarán despexados en xeral, con algunhas nubes baixas no extremo norte pola mañá e á noite. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable en xeral, agás no litoral norte, onde serán do nordés, con intervalos fortes nos arredores de Bares.
En Santiago teremos ceos pouco anubrados ou despexados ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo tenderán a estar con nubes e claros. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas en descenso moderado, a pesar de que oscilarán.
Fuente; Meteogalicia