miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Compostela Diversa quere facer de Santiago un referente para as persoas LGTBI

Compostela Diversa quere facer de Santiago un referente para as persoas LGTBI
Compostela Diversa quere facer de Santiago un referente para as persoas LGTBI

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Políticas de Igualdade e de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentaron hoxe o programa Compostela Diversa, que ten como obxectivo facer de Compostela un referente para as persoas LGTBI, un colectivo que precisa de accións globais e inclusivas que o axuden a avanzar na consecución dos seus dereitos, a visibilidade e a normalización da vida cotiá.

É a primeira edición desde programa transversal, que inclúe xornadas de reflexión e debate, programación cultural, iluminación coas cores LGTBI, e accións de sensibilización a través do sector comercial e a hostelaría. Unha campaña de dinamización e sensibilización na cidade que, dun xeito amable e próximo, axudará a acadar o obxectivo de normalizar a realidade LGTBI. "É moi importante", sinalou o alcalde, "que nos impliquemos todos". Uns cen establecementos, recordou, xa se inscribiron na campaña: 48 comercios, 34 bares e restaurantes, e 18 aloxamentos hoteleiros. Sánchez Bugallo, igual que Mercedes Rosón, agradeceu a implicación dos colectivos que participan en "Compostela Diversa", entre elas, Amizando, Avante, Asociación Nós Mesmas, e Arelas


A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, recordou que o "día 28 de xuño reivindícase e celébrase cada ano o orgullo LGBTI+, lembrándonos a necesidade de defender con firmeza cada día o respecto á dignidade de todas as persoas e o recoñecemento da enorme riqueza humana expresada na diversidade sexual e de xénero".

Por iso, engadiu, desde Políticas de Igualdade, traballouse conxunta e transversalmente con distintos departamentos do Concello, para ofrecer unha programación compacta, reivindicativa, informativa e de visibilización da importancia da diversidade na construción da nosa sociedade. "Queremos que Compostela se vista coas cores de Compostela Diversa para, deste xeito, mostrar que Santiago é unha cidade aberta, e que o noso tecido empresarial implícase co colectivo LGTBI con respecto, empatía amabilidade e pluralidade, porque Santiago é unha cidade ambable, acolledora e diversa".

Entre as accións programadas polos departamentos de Políticas de Igualdade e Acción Cultural, están:

23 de xuño. 18:30 h. Conferencia na Casa Xohana Torres, coa Asociación Nós Mesmas, baixo o títuolo "Educar(se) na diversidade".

26 de xuño. 11:30 h. Proxección, no CGAC, do documental "Persoas S.A", de Carmen PG Granxeiro. A continuación terá lugar unha mesa redonda coa participación de Laura Bughallo, Daniela Fernádnez, Enrique Latorre, Cristina Palacios, Carmen PG Granxeiro e Brais Papiri. Pola tarde, 18:00 h. no parque de Bonaval, desenvolverase un programa lúdico, artístico e poético a cargo de Paraíso Canto, A Rabela e Adaolado.

27 de xuño. 11:00 h. O Teatro Principal acollera "Historia e memoria da disidencia sexual en Galicia (1880-1980)", de Daniela Fernández. ÁS 20:00 h., tamén no Teatro Principal, "Fransy, Davide e Cibrán". Presentación a cargo das Fillas Bravas.

28 de xuño, ás 13:00 h, terá lugar a lectura dun manifesto no Palco da Música da Alameda.

As accións programadas a través dos departamentos de Comercio e de Turismo explicounas o concelleiro Sindo Guinarte. Destacou que "Santiago é historicamente unha cidade de acollida para todos e todas, máis alá da procedencia, das crenzas relixiosas ou da orientación sexual; unha Cidade Patrimonio da Humanidade, é dicir, é un patrimonio colectivo que calquera persoa ten o dereito a desfrutar sendo tratada dun xeito tranquilo, seguro e amable". Por outra banda, engadiu, "queremos que Santiago continúe evolucionando como destino turístico, sendo cada vez máis amplo e diverso. Neste sentido, pensamos que Compostela Diversa é un programa excelente para dirixirnos aos turistas do colectivo LGTBI, destacando o carácter respectuoso e acolledor da nosa cidade."

A continuación debullou as accións que se desenvolverán entre o 24 de xuño e o 11 de xullo.

A primeira é a colaboración na difusión do programa Compostela Diversa nos comercios, bares, restaurantes e aloxamentos do municipio, co obxectivo de implicar e sensibilizar ao sector turístico cara o obxectivo de normalizar a situación do colectivo LGTBI tamén neste sector. A participación é gratuíta para todos os comercios bares, restaurantes e aloxamentos participantes. Hai cen establecementos inscritos. Cada un deles recibirá: dous mandís, un cartel, 50 postais (comercios e aloxamentos turísticos), 50 pousavasos e 500 manteis individuais (bares e restaurantes)

A segunda acción é a iluminación e decoración de espazos públicos da cidade, tales como a fachada do Teatro Principal, sede central do evento, e diversos puntos do parque da Alameda, como o Palco da Música (no que se lerá o manifesto), a escultura das Marías (iconas elas mesmas da diversidade), ou o fotoxénico "Eucalipto dos namorados", a entrada principal da Alameda por Porta Faxeira e a entrada no cruce do banco redondo coa Fonte de San Clemente. Con esta intervención, sinlou Sindo Guinarte, "que empregará a imaxe de Compostela Diversa, queremos que a cidade sirva de marco fotográfico para o programa". 
Comentarios
Lo más