miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Domingo de chuvia en Compostela

Domingo de chuvia en Compostela
Domingo de chuvia en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 13 e os 16 graos en Santiago

O domingo Galicia queda na influencia dunha borrasca situada ao norte da Comunidade. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos probables en calquera punto. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán moderados do suroeste, con intervalos fortes no litoral coruñés.

En Santiago, prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.

Fuente; MeteoGalicia

Comentarios
Lo más