Continúa o tempo gris e chuvioso
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 17 graos
Non se agardan cambios significativos para o sábado, xa que se mantén o aire frío nas capas altas da atmosfera e polo tanto a inestabilidade. Así, comezaremos o día cos ceos parcialmente cubertos e co avance da xornada rexistraranse chuvascos, máis probables no interior da Comunidade e pola noite a chegada dunha fronte polo oeste deixará chuvias máis xeneralizadas. As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo en xeral, de compoñente norte durante o día, rolando a compoñente oeste pola tarde e a sur pola noite, cando aumentará en intensidade, sendo forte no litoral.
En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso lixeiro, a pesar de que oscilarán.
Fuente; Meteogalicia