miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Reclaman unha mellor planificación nos asfaltados para evitar molestias

Reclaman unha mellor planificación nos asfaltados para evitar molestias
Reclaman unha mellor planificación nos asfaltados para evitar molestias

O Goberno local debería participar activamente na planificación e información dos traballos de asfaltado no casco urbano, con independencia da competencia das vías

A raíz do traballos de asfaltado que se están  levar a cabo no vial periférico da SC-20 por parte do Ministerio de Fomento, con importantes alteracións na circulación de vehículos, o Grupo municipal Popular reitera, como xa fixera nos recentes labores de rebacheo acometidos polo Concello, que a Administración local debe velar e participar activamente para que os traballos se realicen coa maior información e buscando as horas que menos afecten ao normal desenvolvemento da circulación.

Cómpre salientar que no vixente contrato para o mantemento das vías municipais xa se sinala que na programación dos traballos “terase moi en conta as capacidades dos viais e as previsións de tráfico rodado ou tránsito peonil nos mesmos, de forma que as operacións que poidan producir molestias para o tráfico ou o tránsito se executen nos períodos en que a intensidade da circulación sexa menor, ata en horas nocturnas se fose conveniente por razóns de seguridade ou para evitar conxestións”. Tamén nas operacións deste tipo que realiza o Ministerio de Fomento é moi frecuente que, cando os traballos afectan a ámbitos urbanos e metropolitanos con gran intensidade circulatoria, se programen en horario nocturno para minimizar as afeccións ao tráfico, unha cuestión que debería ser valorada no caso da SC-20.

En todo caso, o Concello de Santiago debería extremar os labores de coordinación e información, empregando todas as posibilidades que as novas tecnoloxías poñen ao seu alcance e as ferramentas físicas de que xa dispón na actualidade, como é o caso dos grandes paneis dixitais, actualmente dedicados a lembrar a prohibición de superar os 30 km/h en determinados tramos. A este respecto, o Grupo Popular xa propuxo hai cinco anos unha serie de medidas, aprobadas por unanimidade no Pleno, para mellorar a información das incidencias do tráfico polas obras. Entre esas medidas citábase a “incorporación dunha maior claridade e visualización na páxina web das alternativas viarias no caso de obras e, sobre todo, poñendo en marcha un sistema de información en tempo real a través das redes sociais que, baixo a premisa da coordinación e a participación pública, permita a máxima divulgación das distintas incidencias e coñecer de forma inmediata as correspondentes alternativas.” Tamén se propoñía “a constitución dun grupo técnico (TUSSA, Tráfico, Policía Local, empresa encargada dos subministros de xestión de tráfico, Informática ou Innovación), a fin de desenvolver unha liña de traballo orientada a incorporar as novas tecnoloxías á xestión da mobilidade.” Un traballo que sería de utilidade para obras como as que está a desenvolver Fomento, pero tamén de cara á xestión dos fluxos de mobilidade previstos para o bienio xacobeo.

Comentarios
Lo más