Xoves de chuvia en Compostela
08:00 17/06/21
08:00 17/06/21
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 16 e os 19 graos
O xoves cambia a situación atmosférica, xa que unha fronte fría chegará a Galicia deixando ceos con abundantes nubes e precipitacións, localmente de intensidade forte. As temperaturas baixarán, cun descenso máis acusado nas máximas que quedarán entre os 15º e os 20ºC. O vento soprará moderado de compoñente norte.
En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións o xoves e o sábado pola noite. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán notablemente e máximas que descenderán moderadamente.
Fuente; MeteoGalicia