Recoñecemento ao alumnado de Santiago que ocupou postos destacados nas diferentes olimpiadas deste curso escolar
06:30 16/06/21
06:30 16/06/21
O Pazo de Raxoi acolleu este martes os alumnos e alumnas que durante este curso escolar obtiveron algún posto destacado nas olimpiadas das distintas materias.
Foron recibidos polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; polo concelleiro de Educación, Rubén Prol; e polos concelleiros José Antonio Constenla (PP), Branca Novoneyra (CA) e Navia Rivas (BNG).
Por parte do IES Rosalía de Castro asistiron os alumnos Álvaro Pallas Otero, Cristina Troiteiro Nouche, Cayetana Mato Pérez, Yago Sánchez Iglesias, Irene Armesto Méndez e Mario Blanco López, con postos destacados nas olimpiadas de xeoloxía, química, matématicas e física.Do Colexio Peleteiro partiparon Mario Freire Arias, Luis García Romarís, Da Ye, Cástor Rodríguez Martín, José Valiño Vidal, Francisco José Negreira Gómez, Daniel Neira Gestal e Pablo Granja Lamelas, tras salientar nas olimpiadas de física, química, bioloxía, economía e filosofía.
Do IES Antonio Fraguas procede Noela Sanjurjo, que acadou o primeiro posto na olimpiada galega de Economía. O alumnado estivo acompañado tamén polos directores dos centros Xavier Mouriño, Luis Peleteiro e Carlos Encisa.
O alcalde de Santiago felicitounos polos éxitos acadados, animoumos a seguir preparándose para o futuro e amosouse moi satisfeito da boa canteira de Compostela a nivel académico.