miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Calor e chuvia para comezar a semana

Calor e chuvia para comezar a semana
Calor e chuvia para comezar a semana

As temperaturas oscilarán entre os 15 e os 30 graos

Este luns quedará caracterizado aínda polas condicións de inestabilidade atmosférica debido á presenza de aire frío en altura. Isto fará que a xornada comece con algún intervalo de nubes e néboas illadas, pero tamén moitos puntos de ceo despexado; a partir do mediodía medrarán nubes de evolución que deixarán chuvascos de tipo tormentoso, máis probables no interior, localmente acompañados de sarabia e aparato eléctrico. As temperaturas terán un descenso e os ventos soprarán frouxos de dirección variable en xeral.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o luns e o martes pola tarde. As temperaturas serán altas para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en descenso moderado.

Fuente: MetoGalicia

Comentarios
Lo más