Centos de persoas manifestanse en Santiago contra a universidade privada de Abanca
Os manifestantes na capital galega opóñense á creación dunha universidade privada en Galicia porque a consideran un ataque contra a igualdade de oportunidades.
Centos de persoas manifestáronse este sábado en Santiago en contra do proxecto da universidade privada de Abanca. A convocante foi a Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública. Durante a protesta tacharon de "nefasta" a universidad privada e aseguraron que "non cumprirá as garantías de calidade".
A plataforma convocante contou co apoio de asociacións, sindicatos e grupos políticos da oposición. Os manifestantes cren que aceptar a universidade privada sería acepar a venda de títulos. Insisten en que o que Galicia precisa é unha universidade pública e de calidade, que conte co apoio da Administración e a sociedade.
Na manifestación celebrada en Santiago de Compostela, baixo o lema “o ensino é un servizo non un privilexio”, Pontón cualificou o proxecto de universidade privadas de “ataque deseñado polo Partido popular” dende o goberno da Xunta contra a universidade pública, “unha das grandes conquistas e avances sociais” que agora o PP quere frear. A líder do BNG afirmou que é necesario preservar para as xeracións futuras unha universidade pública fronte a un modelo “elitista e privatizado” no que os ricos poderán acceder á universidade pero os traballadores e traballadoras non poderán facelo.
A universidade é un “gran ascensor social” que debemos preservar e neste momento o Partido popular quere cambiar este modelo. O Partido popular, engadiu quere impoñer un modelo para unha minoría e dende o BNG, reiterou, “opoñemos a este modelo”.
Durante a pandemia, explicou, Pontón ,o Partido popular tentou converter as universidades públicas nun modelo de “academia on-line” que finalmente tivo que retirar grazas á presión das universidades.
Para a portavoz do BNG, resulta especialmente “gravoso” que esta universidade sexa precisamente promovida por ABANCA, unha entidade que rescatamos con nove mil millóns de euros de cartos públicos. Ademais, recalcou, eticamente “é reprobable” que en vez de colaborar e apoiar ás universidades públicas galegas, o Partido popular “ataque o modelo universitario galego”. Dende o BNG, afirmou, sempre defenderemos a universidade pública e esta debe ser “unha panca” para desenvolver os sectores públicos de Galiza. Lamentablemente o Partido popular está defendendo o interese dunha minoría fronte ao interese xeral, neste caso “o interese dun banco rescatado cos cartos públicos” y que agora é novamente agasallado cun proxecto de universidade pública.