O alcalde apunta que se está reforzando a liña 6 de transporte urbano
Segundo lembrou Sánchez Bugallo en Santiago “están utilizando o transporte público arredor de 19.000 persoas cada día”
Asegurouno na rolda de prensa dos venres, pero, engadiu, o “principal problema que estamos tendo é a limitación de aforos”. O alcalde pide unha ampliación dos mesmos no transporte urbano “por parte do órgano competente”. “Estanse dando pasos en ampliar esas limitacións na hostalería, nas festas, nas reunións familiares…, sen embargo, no transporte público non se revisou. Os autobuses están funcionando ao menos do 50% da súa capacidade”. Nun bus urbano poden viaxar ata 90 persoas, pero o límite, neste momento, son 40. Segundo lembrou Sánchez Bugallo en Santiago “están utilizando o transporte público arredor de 19.000 persoas cada día”, un 70% das aproximadamente 26.000 que “o utilizaban hai dous anos”.
Engadiu que “lle trasladamos a Monbús o noso interés en que se lle dea unha solución a estes traballadores” que viñan cubrindo esa liña e que agora ao cambiar de concesionaria, non foron contratados, “pero tamén é certo que é unha decisión da empresa. Espero que ao final haxa unha solución razonable e favorable para os traballadores. Nese sentido a anterior concesionaria, creo que non foi realmente correcta, porque este tema podía e debía estar resolto”.