miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bugallo quere convertir Peleteiro nunha praza útil e pide acordo

Bugallo quere convertir Peleteiro nunha praza útil e pide acordo
Bugallo quere convertir Peleteiro nunha praza útil e pide acordo

Recordou, por outra banda, que o próximo 5 de xullo remata o prazo de presentación de ofertas para a nova estación do AVE de Santiago.

Sobre o proxecto Peleteiro, o rexedor explicou que “estamos traballando intensamente para darlle unha saída. Temos unha oportunidade extraordinaria para sacar adiante este tema, e que no ano 2026/2027 estea completada esa operación. E temos unha responsabilidade compartida”, porque, engadiu, “precisamos o acordo coa propiedade”, debemos levalo a cabo “con absoluta seguridade xurídica, e temos que buscar acordos con outras formacións políticas que viabilicen o proxecto, porque isto require maioría absoluta” no pleno. “É un tema complexo”, subliñou, “e hai un certo nivel de corresponsabilidade entre todos. Espero que sexamos capaces de atopar unha solución viable e razoable”. 

Unha solución, engadiu, “con seguridade xurídica”, e cun proxecto que debe “tapar as medianeiras, e cunha praza útil e utilizable”. Neste sentido recordou de novo as vantaxas de que sexa unha praza soleada, orientada a San Pedro de Mezonzo, “axeitada e acolledora para a realización de actividades”. Tamén lembrou que é preciso un acordo coa propiedade, acordo acadado co actual proxecto. Sen ese acordo, precisou, “non sería viable a operación”. 

Comentarios
Lo más