Bugallo ve como posible solución para Colegiata de Sar a "búsqueda de aparcamentos alternativos"
En roda de prensa o alcalde tamén anunciou que o próximo martes, día 15, está previsto convocar unha reunión cos medios de comunicación para facer balance dos dous anos de goberno municipal.
A preguntas dos xornalistas, sobre a utilización do espazo contiguo á Colexiata de Sar como aparcamento, Sánchez Bugallo, explicou que “é unha propiedade privada”, de titularidade eclesial, que está falado co párroco e que “deberán tomar as medidas que consideren oportunas. Nós apoiaremolos en todo o que poidamos”.
O alcalde apelou ao uso de "posibles estacionamentos alternativos" para paliar o problema. Como posible lugar de estacionamento, citou o campo de fútbol de Sar. Con todo, asegurou que "ten que decidir a propiedade privada".
Por outra banda, o alcalde espera que “neste mes se poida resolver a convocatoria” de adxudicación de espazos de venda ambulante, no que están incluidos os cariños dos xeados; e das medalleiras.
O alcalde compareceu, na primeira parte da rolda de prensa, xunto á responsable da área de comercio, Lucía Castro, quen explicou as actividades de dinamización do sector que terán lugar os venres pola tarde, e sábados, tanto pola mañá pola tarde, do mes de xuño co obxectivo de animar a cidadanía a saír á rúa e a mercar nos establecementos composteláns.