10 festas en pisos este mércores en Santiago
Ademáis, os axentes puxeron dúas sanción por non usar máscara
No seu parte diario de incidencias a Policía Locas de Santiago reflicte que na madrugada de este mércores tivo que acudir en Santiago a dez festas en pisos. Nunha de estas actuacións, os axentes tiveron que instruir unha acta de denuncia por desobediencia a axentes da autoridade.
Ademáis, os axentes rexistraron 4 accidentes de tráfico na cidade. O primeiro deles foi ás 8 da mañá na rúa Edison, entre dous vehículos, con resultado de danos materiais. Ao lugar trasladouse unha dotación de bombeiros para a limpeza da calzada.
Ás 14 horas, o condutor dun vehículo, a través de chamada telefónica, notificou que outro chocara con el por alcance e que marchara do lugar, pero que revisara o seu vehículo e non lle apreciaba danos. Xa pola tarde, ás 19:40 horas, na confluencia das rúas San Lázaro con SD Santiago de Compostela, un choque entre dous vehículos, con resultado de danos materiais.
Por último, ás 23:20 horas, na rotonda de Volta do Castro, colisión entre dous vehículos, con resultado de danos materias e unha persoa lesionada.