miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Domingo baixo o sol en Compostela

Domingo baixo o sol en Compostela
Domingo baixo o sol en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 23 graos

Nova xornada de influencia anticiclónica sobre Galicia, con entrada de aire cálido desde latitudes inferiores. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados pola mañá, medrando algunhas nubes de evolución pola tarde que mesmo poderán dar lugar algún chuvasco treboento, sobre todo en zonas altas. As temperaturas continuarán sen cambios ou con lixeiros ascensos. Os ventos soprarán do nordés, en xeral, moderados na costa con intervalos fortes no litoral noroeste e frouxos no resto; réxime de brisas en Rías Baixas.

En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas sen cambios.

Comentarios
Lo más