miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha multitudinaria marcha percorre Santiago para esixir "un novo modelo eólico"

Unha multitudinaria marcha percorre Santiago para esixir "un novo modelo eólico"
Unha multitudinaria marcha percorre Santiago para esixir "un novo modelo eólico"

A protesta convocada por unha vintena de colectivos logrou axiña o apoio de máis dun cento de organizacións


Unha multitudinaria marcha percorreu Santiago con motivo do Día do Medio Ambiente, que se celebrou este sábado, para reclamar "un novo modelo eólico" para Galicia e a "paralización" de "todos" os proxectos que se atopan en tramitación.

Esixen a paralización urxente de preto de 200 proxectos eólicos que están en tramitación nas administracións da Xunta e do Estado.


"Pretenden poñer aeroxeradores de 200 metros de altura con todas as infraestruturas asociadas, as liñas de evacuación, as pistas para subir as máquinas aos montes que van ser verdadeiras autoestradas, iso vaille afectar a hidroloxía, os nosos ríos están en perigo", di o Roi Cuba, presidente de Adega.

O BNG, o PSdeG e máis forzas da esquerda política piden un novo modelo para Galicia.

"O que está impulsando neste momento o Partido Popular significa a depredación do territorio e que se espolie a riqueza eléctrica que hai en Galicia, e fronte a iso esta mobilización o que reclama é un novo modelo eólico, respectuoso co medioambiente, coas persoas que viven no rural e que utilicemos a riqueza eléctrica en beneficio do país", afirma Ana Pontón, lider do BNG.


"Non pode buscarse un modelo eólico no que os custos os pagamos entre todos e os beneficios sociais os poidan levar soamente algunhas grandes empresas", di Gonzalo Caballero, Secretario xeral do PSdeG.

A manifestación rematou na praza do Obradoiro coa lectura dun manifesto.

Comentarios
Lo más