miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sábado veraniego en Compostela

Sábado veraniego en Compostela
Sábado veraniego en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 10 e os 24 graos

O sábado Galicia permanecerá na influencia das altas presións, con entrada de aire cálido. Así, agárdase unha xornada de ceos despexados ou con algunhas nubes altas. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. O vento soprará de compoñente norte, moderado na costa, con intervalos fortes no litoral noroeste e frouxo no interior.

En Santiago teremos ceos pouco anubrados ou despexados ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo tenderán a estar con nubes e claros. As temperaturas serán baixas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en ascenso moderado.

Comentarios
Lo más