miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 1000 empresas solicitaron as axudas destinadas aos sectores comercial e hostaleiro do Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, agarda que se poidan atender todas as solicitudes presentadas ao abeiro da convocatoria do PRESS, o Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago, tanto as do sector comercial como as do hostaleiro e turístico.

En total, presentarónse 1.125 solicitudes: 601 á convocatoria aberta para o sector hostaleiro e turístico e 524, ás axudas ao sector comercial. Sinalou o rexedor que espera que se poidan atender todas, previo control do cumprimento dos requisitos. 

Sánchez Bugallo lembrou que, para o sector hostaleiro, aínda está aberto o prazo das axudas directas convocadas pola Deputación, ás que xa se presentaron 474 solicitudes, "das que 427 están resoltas favorablemente".

"Sorpréndeme que so se presentaran 474, das que se resolveron favorablemente 427, sendo un proceso sinxelo, pero o plazo todavía está aberto, polo que espero que se presente máis xente", destacou o edil.

Comentarios
Lo más