miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bugallo cree que Santiago está "nun proceso de recuperación"

Bugallo cree que Santiago está "nun proceso de recuperación"
Bugallo cree que Santiago está "nun proceso de recuperación"

Na roda de prensa de este venres o alcalde apuntou "Pouco a pouco estamos vendo datos favorables" relativos á recuperación da actividade, en xeral, e da turística, en particular.

Sánchez Bugallo amosouse “moi satisfeito coa acollida de público “que está tendo Prima 21, a festa do comercio que se inaugurou onte e que se desenvolverá ata mañá sábado co obxectivo de dinamizar o sector. 

O alcalde destacou que esta campaña, que se prolongará durante a fin de semana, é “moi importante” para la zona vella, pero “sobre todo para o Ensanche”, polo que o concello intentará programar novas actividades o  próximo fin de semana, “co obxectivo de darlle continuidade”. 

O alcalde tamén deu datos sobre a última convocatoria de axudas directas destinadas aos sectores máis afectados pola crise económica derivada da COVID. Recibíronse máis de mil solicitudes, 524 solicitudes de comercio, e 601 de hostalería e turismo. 

Aínda que Sánchez Bugallo expresou o seu desexo de atender todas as demandas, a ampliación dos límites das contías respecto das subvencións de decembro, ata 5.000 euros por solicitude para comercio, e ata 4.000 euros para hostalería, “limitan os recursos dispoñibles”, sinalou. 

Esta terceira convocatoria de axudas para o sector comercial ascende a 1,7 millóns de euros; mentras que as destinadas a hostalería e turismo suman 1,9 millóns de euros. 

É a maior cuantía en axudas para apoiar os sectores económicos en crise, na historia do concello de Santiago, e unha das maiores de España, se temos en conta os orzamentos e a porcentaxe de poboación. 

Turismo

Por outra banda, Sánchez Bugallo valorou de xeito positivo os datos das reservas turísticas previstas para os próximos meses, sinalando que Santiago está “nun proceso de recuperación que vai continuar”. “As  cifras indican que as reservas van subindo segundo avanza o ano: dos datos de setembro e outubro son maiores que os de agosto e xullo, e a súa vez maiores que os de xuño”, indicou. 

Respecto á reactivación do turismo, o alcalde agradeceu o “espaldarazo” ofrecido pola Casa Real, coa súa visita á Compostela este xoves, e coa súa presenza o 25 de xullo, día de Galicia, na ofrenda ao Apóstolo. 

Comentarios
Lo más