miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sol radiante e suben as temperaturas

Sol radiante e suben as temperaturas
Sol radiante e suben as temperaturas

As temperaturas en Santiago oscilarán 7 e os 21 graos

O venres Galicia queda na influencia das altas presións, con bancos de néboa e algún intervalo de nubes baixas nas primeiras horas do día que darán paso a unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos de moderado nas Rías Baixas.

En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán baixas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso moderado aínda que oscilarán e máximas en ascenso notable.

Fuente: MeteoGalicia

Comentarios
Lo más