Xornada de transición cara o bo tempo
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 18 graos
O xoves Galicia terá unha xornada de transición cara á influencia anticiclónica que se dará nos vindeiros días. Así, comezaremos a xornada con intervalos de nubes baixas que irán desaparecendo co avance do día. Na provincia de Lugo aínda quedará certa inestabilidade que podería deixar algún chuvasco illado e ocasional. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos de moderado nas Rías Baixas.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas en ascenso notable.
Fuente: Meteogalicia