miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Feijóo confirma que se presentará á reelección como líder do PP de Galicia

Feijóo confirma que se presentará á reelección como líder do PP de Galicia
Feijóo confirma que se presentará á reelección como líder do PP de Galicia

"Se á militancia lle parece ben, volverei pedir a súa confianza", anunciou o dos Peares

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou este martes que se presentará de novo para liderar o PPdeG, do que leva á fronte desde xaneiro de 2006, cando sucedeu a Manuel Fraga.

Durante unha intervención ante a xunta directiva do partido, que deu o visto e prace á celebración do congreso para os días 16 e 17 de xullo, Núñez Feijóo anunciou que chegará o día en que o tamén dea un paso á beira, "un momento que se á militancia lle parece ben aínda non chegou".

Nun discurso no que reivindicou a súa xestión durante a crise sanitaria provocada pola covid e arremeteu contra o Goberno central, Núñez Feijóo destacou que a tarefa máis importante que afrontan tanto o partido como a Xunta é a reactivación económica pospandemia.



"Se á militancia lle parece ben, volverei pedir a súa confianza para presidir o Partido Popular de Galicia", dixo, desatando da plana maior do partido.


Comentarios
Lo más