Volve a chuvia a Compostela
08:00 02/06/21
08:00 02/06/21
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 18 graos
O mércores agárdase a chegada dunha fronte a Galicia, que pola mañá afectará á metade oeste da Comunidade con ceos máis nubrados e chuvias febles. Pola tarde quedarán chuvascos ocasionais, podendo acontecer en calquera punto. As temperaturas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. O vento soprará do suroeste frouxo pola mañá e irá virando a compoñente norte co avance da xornada.
En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións o mércores. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que ascenderán moderadamente.
Fuente: MeteoGalicia