miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

El Parlamento gallego y la USC refuerzan su programa de prácticas para alumnos de Derecho

El Parlamento gallego y la USC refuerzan su programa de prácticas para alumnos de Derecho
El Parlamento gallego y la USC refuerzan su programa de prácticas para alumnos de Derecho

Desde o ano 2004, preto de 500 alumnos/as da Facultade de Dereito da USC realizaron prácticas no Parlamento de Galicia, unha

actividade para a que contan coa colaboración dunha ducia de persoas da Administración parlamentaria

O Parlamento de Galicia reforzará o programa de prácticas académicas externas, curriculares e extracurriculares, do alumnado do grao en Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Así o recolle un convenio de colaboración educativa asinado este martes polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, e polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz.

Este documento reforza as diferentes iniciativas de colaboración emprendidas entre a Cámara Galega e a USC desde o ano 2004, no que se rubricou o primeiro acordo orientado a que estudantado de Dereito da universidade compostelá puidese realizar o seu Prácticum no Parlamento de Galicia. Desde entón, preto de 500 alumnos/as desta Facultade realizaron prácticas no Parlamento de Galicia. Arredor de 12 persoas da Administración parlamentaria participan e fan posible esta iniciativa.

O convenio asinado hoxe determina a posibilidade de realizar no Parlamento tres tipos de prácticas: as curriculares, recollidas no plan de estudo; as conducentes á elaboración dos traballos de fin de grao e/ou de fin de máster; e as extracurriculares ou complementarias. De ser preciso, o Parlamento contribuirá tamén á formación práctica do alumnado impartindo docencia teórico-práctica especializada por parte de persoas expertas da institución.

O acordo establece a convocatoria de polo menos unha convocatoria de prácticas por cada curso académico, con prioridade das prácticas curriculares sobre a extracurriculares. O número de prazas a convocar será fixado pola comisión de seguimento do convenio, integrada por representantes do Parlamento e da USC.

Comentarios
Lo más