jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Calor si, pero volve a chuvia

Calor si, pero volve a chuvia
Calor si, pero volve a chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 28 graos

O luns Galicia terá unha xornada de inestabilidade atmosférica pola presenza de aire cálido en superficie e aire frío en capas altas da atmosfera. Así, o ceo estará despexado en xeral pola mañá e co avance da xornada teremos nubes de evolución que deixarán chuvascos localmente treboentos, máis probables no interior. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, nas máximas, o ascenso será moderado no terzo norte. O vento soprará frouxo, do nordés no litoral norte e de dirección variable no interior.



En Santiago, ceos pouco anubrados ou despexados ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo predominarán con nubes e claros. Haberá precipitacións o luns pola noite e o mércores pola tarde. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente e máximas que descenderán moderadamente, a pesar de que oscilarán.
Fuente: Meteogalicia 
Comentarios
Lo más