Domingo baixo o sol en Compostela
En Santiago espéranse unhas temperaturas de entre 13 e 25 graos
Intensificarase a circulación do nordés durante o domingo. Con esta situación, agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados, con algunhas nubes no extremo norte e de evolución pola tarde no interior, sen descartar algún chuvasco illado nas montañas do sueste. As temperaturas en lixeiro ascenso. Os ventos soprarán de compoñente norte frouxos, con intervalos fortes entre Bares e Costa da Morte.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o luns e o martes. As temperaturas serán altas para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas sen cambios, a pesar de que oscilarán.
Fuente: MeteoGalicia