jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A fin de semana ven con sol e calor

A fin de semana ven con sol e calor
A fin de semana ven con sol e calor

En Santiago as temperaturas oscilarán entre os 12 e os 26 graos

Non se agardan cambios significativos para o sábado, xa que Galicia permanecerá na influencia das altas presións, con ventos do noroeste. Así, comezaremos a xornada con bancos de néboa no interior e intervalos de nubes baixas no terzo norte. Co avance da xornada os ceos quedarán pouco nubrados ou despexados, con nubes de evolución pola tarde no interior e algún chuvasco de tipo treboento.. As temperaturas non experimentarán cambios, con lixeiros descensos das máximas no terzo norte. O vento soprará de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral atlántico.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán altas para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente e máximas que se manterán sen cambios, a pesar de que oscilarán.

Fuente: MeteoGalicia 

Comentarios
Lo más