jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Preguntan pola prioridade da urbanización e mellora ambiental nunha vía no polígono do Tambre

Preguntan pola prioridade da urbanización e mellora ambiental nunha vía no polígono do Tambre
Preguntan pola prioridade da urbanización e mellora ambiental nunha vía no polígono do Tambre

Transcorridos case 20 meses do remate desas obras e a pesar do traballo realizado, o illamento da parcela, a ausencia de mantemento e a falta de continuidade dos traballos fan dubidar da rendibilidade e da oportunidade desta actuación, que ben se podería definir como un “unha rúa de ninguén que vai para ningures”

A concelleira Popular, Ana Sabel, preguntará no vindeiro Pleno ordinario ao actual Goberno local sobre cales foron os motivos que levaron a priorizar a actuación de “urbanización e mellora ambiental” no polígono do Tambre dentro das accións a executar nos obradoiros de emprego, fronte a outras, aparentemente, máis necesarias, e tamén pedirá información sobre as previsións inmediatas que existen para poñer en valor a curto prazo os traballos realizados nesta zona.

Transcorridos case 20 meses do remate daquelas obras, o panorama -que se ve nas imaxes que se acompañan- dista moito dos obxectivos previstos e, a pesar do traballo realizado, o illamento da parcela, a ausencia de mantemento e a falta de continuidade dos traballos fan dubidar da rendibilidade e da oportunidade desta actuación, que ben se podería definir como un “unha rúa de ninguén que vai para ningures”.

Desde hai anos, o Concello vén presentando proxectos á convocatoria de subvencións realizada pola Xunta para o fomento da capacitación e do emprego con obradoiros para desempregados, que son contratadas para facer varias tarefas dentro do termo municipal.

A través desta fórmula, que comporta unha importante achega autonómica, leváronse a cabo destacadas actuacións, como a rehabilitación das escolas unitarias de Villestro, A Susana e Amio para dedicalas a centros de interpretación e actividades relacionadas co ecoturismo; a rehabilitación de distintos espazos naturais no itinerario cara a Ponte Albar, nas Brañas de Sar ou na contorna onde se celebrou o Banquete de Conxo, por poñer algúns exemplos.

Nunha das últimas convocatorias, concretamente na realizada en 2018, o Concello de Santiago participou xunto co Concello de Ames nun programa cun orzamento de 360.000 euros, que incluía tres proxectos distintos: a repoboación forestal na finca de Pedra Castro, en Santa Cristina de Fecha; a apertura e mantemento de vías forestais no concello de Ames; e, un terceiro, para “urbanización e mellora ambiental no Polígono do Tambre”, nunha finca municipal á entrada do recinto que discorre en paralelo á estrada N-550 .

Esta última actuación no polígono do Tambre iniciouse a principios de 2019, cun acto ao que asistiron membros do Goberno anterior, e rematou no mes de agosto de 2019, días despois da visita realizada polo actual alcalde ás obras. Segundo resumía a crónica municipal, a intervención consistiu na construción de 967 m2 de beirarrúas (310 metros lineais por 3,12 de ancho), incluíndo instalación de conducións eléctricas para farois e as súas bases, pases de auga, pluviais e sanitarias e pases de tubos eléctricos. Tamén se axardinaron 1.500 m2, coa instalación de sistema rego, a plantación de 26 bétulas e 700 arbustivas e o apeo de 60 eucaliptos e acacias, xunto coa roza de 5 hectáreas de terreo.

Comentarios
Lo más