jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O Delas Fest busca anfitrioas para as artistas da 3ª edición

O Delas Fest busca anfitrioas para as artistas da 3ª edición
O Delas Fest busca anfitrioas para as artistas da 3ª edición

O festival feminista de arte urbana e contextual lanza unha convocatoria para que persoas e colectivos de Ames, Brión, Santiago e Teo colaboren no proceso creativo das artistas convidadas

7H Cooperativa Cultural, a entidade organizadora do festival feminista de arte urbana e contextual Delas Fest, busca a veciñas e veciños de Ames, Brión, Santiago e Teo que queiran coñecer e implicarse no proceso creativo das artistas convidadas na terceira edición, que se desenvolverá entre o 28 de xuño e o 25 de xullo de 2021.

A través da convocatoria “Anfitriónate”, nada da vontade de reforzar os vínculos e diálogos creativos entre as intervencións artísticas e a realidade na que estas se insiren, o Delas Fest anima a persoas e colectivos a exercer como anfitrioas das artistas, acompañándoas na descuberta da historia e idiosincrasia das diferentes localizacións do festival.

Con este fin, es 7H coordinará en cada un dos catro concellos un grupo de entre 5 e 15 persoas encargado de manter unha xuntanza virtual e outra presencial coa creadora de acollida. A través destes encontros, destinados ao intercambio de relatos, experiencias e información, a organización aspira a enriquecer o paso da artista polo festival e facilitar que as súa obra non resulte allea á comunidade que a acollerá. O festival, que aínda non desvelou os nomes que protagonizan a edición deste ano, reforza así o seu carácter comunitario logo de dous anos apostando por xerar espazos de convivencia entre artistas e entidades do tecido social.

As persoas interesadas en ser parte da convocatoria deben cubrir o formulario dispoñible na páxina web de 7H Cooperativa Cultural, onde tamén se indican as datas, horarios e condicións de participación, entre as que é  fundamental a dispoñibilidade e o coñecemento do contexto. As inscricións para ser anfitrioas en Brión e Santiago pechan o próximo 3 de xuño e as de Ames e Teo están abertas até o día 9.

Comentarios
Lo más