jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A semana arranca con chuvia

A semana arranca con chuvia
A semana arranca con chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 16 graos

Logo do paso da fronte durante a noite, o luns quedaremos na zona de chuvascos, intermitentes pola mañá e que se irán facendo máis ocasionais pola tarde. As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso entre moderado y notable, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do oeste pola mañá, rolando a norte a medida que avance o día, frouxos no interior, moderados na costa, con intervalos fortes no extremo norte.

En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o luns. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas en ascenso moderado.

Fuente; MeteoGalicia

Comentarios
Lo más