jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Día tranquilo, noite con chuvia

Día tranquilo, noite con chuvia
Día tranquilo, noite con chuvia

En Santiago as temperaturas oscilarán entre os 6 e os 16 graos

O domingo Galicia queda nunha zona de transición entre as altas presión situadas sobre a península Ibérica e a borrasca ao oeste de Irlanda, con réxime de ventos do oeste. Así, comezaremos a xornada con néboas matinais que irán dando paso a grandes claros. Pola noite a chegada dunha fronte deixará precipitacións xeneralizadas. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste pola mañá, aumentando en intensidade a partir do mediodía, sendo fortes entre Bares e Costa da Morte pola tarde.

En Santiago, ceos con nubes e claros ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo predominarán pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o sábado, o domingo e o luns. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que ascenderán moderadamente.

Fuente: Meteogalicia



Comentarios
Lo más