jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Bugallo afirma que a nova estación de buses de Santiago, “é unha peza fundamental para consolidar a intermodalidade”

Bugallo afirma que a nova estación de buses de Santiago, “é unha peza fundamental para consolidar a intermodalidade”
Bugallo afirma que a nova estación de buses de Santiago, “é unha peza fundamental para consolidar a intermodalidade”

Este sábado, 22 de maio, o alcalde Xosé Sánchez Bugallo,  inaugura a nova estación de autobuses, que xestiona TUSSA por encargo do concello de Santiago. Un espazo que se configura, segundo explicou en rolda de prensa, como “unha peza fundamental para consolidar a intermodalidade” en Compostela, xa que nesa zona se concentrará tamén o transporte metropolitano, o urbano e o transporte por ferrocarril. 

O alcalde afirmou que o traslado da estación de autobuses á nova ubicación é un “salto”, moi importante que vai supor “un reforzo da oferta de transporte e unha economía e facilitación para os usuarios” tanto do transporte terrestre como os que utilicen o ferrocarril.  

O trasladar o transporte metropolitano á rúa do Horreo permitirá, sinalou o rexedor, que as persoas procedentes do concello limítrofes poidan estar á vez no centro da cidade, e “coller o tren a 100 metros de distancia”. Coa nova estación de autobuses funcionando, e a posta en servizo da conexión de alta velocidade con Madrid, a intermodal configurarase como “o maior centro nodal de transportes de Galicia, que vai mover, nun ano normal, entre 5 e 7 millóns de persoas”, segundo explicou Sánchez Bugallo. Consolidará, ademais, “a posición central do Ensanche e suporá unha revolución extraordinaria nas comunicacións e nos sistemas de transporte”.

O alcalde tamén respondeu as reticencias amosadas por algúns veciños de Pontepriña coas obras realizas na construción da Intermodal. Para o alcalde, “hai unha mellora notable” na posición central que pasa a ocupar o barrio, na súa permeabilidade e na súa conectividade co resto da cidade”. “Irase mellorando o que se poida mellorar, pero desde logo, Pontepedriña hoxe queda infinitamente en mellor posición da que estaba hai un ano, e a imaxe é moito mellor que a que tiña”, engade. 

Sobre os posibles problemas de tráfico na zona cando xa estea funcionamento a estación de autobuses, explicou que o vial Clara Campoamor, “rematado hai oito meses”, non foi deseñado como vía de paso”. A vía de paso, “segundo o criterio municipal, é o túnel do Hórreo”. Clara Campoamor deseñouse, engadiu, para facilitar a entrada e saída dos aproximadamente 20 autobuses” que cada hora pasarán pola estación, “para que o tráfico circule a unha velocidade moderada”, e para facilitar o tránsito dos peóns. “Temos que dar preferencia á seguridade e ao funcionamento do transporte público”, finalizou. 

Praza de Abastos

A preguntas dos xornalistas, o alcalde tamén se referiu aos avisos de sanción a varios comerciantes da Praza de Abastos, que recibiron tras non pagar a cuota correspondente aos servizos de mantemento do recinto. O rexedor explicou que hai máis de cen usuarios de casillas que pagan ese canon de 84 euros ao mes, que inclúe os gastos de limpeza, dos que se fai cargo a cooperativa do mercado. 

Pero o problema xurde, sinalou, cando hai nove usuarios que non abonan ese canon. Entón, “a cooperativa da Praza de Abastos pídelle amparo ao concello de Santiago, despois de que esas persoas se negaran a pagar os gastos”. E por iso, engade Sánchez Bugallo, se lle requíre a esas nove persoas que cumpran coa súa obriga, porque a quen están perxudicando é a máis dun centenar de compañeiros”.

Comentarios
Lo más