jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A veciñanza da Agra de Arriba solicita melloras nos accesos, recollida de lixo e naconexión ao saneamento

A veciñanza da Agra de Arriba solicita melloras nos accesos, recollida de lixo e naconexión ao saneamento
A veciñanza da Agra de Arriba solicita melloras nos accesos, recollida de lixo e naconexión ao saneamento

As demandas fóronlle expostas ao portavoz municipal do PP nunha visita a esta rúa, na zona de Meixonfrío

Un grupo de veciños e veciñas da rúa Agra de Arriba acompañaron ao portavoz municipal do Grupo Popular, Alejandro Sánchez- Brunete, nun percorrido por esta zona de Meixonfrío, para informalo das necesidades e das deficiencias na contorna dos seus domicilios que levan anos reclamando sen que o Concello as teña en conta, a pesar do escaso custo que na súa maioría supoñen.

Entre as prioridades destacadas figuran a necesidade de roza, reparación de firme, apertura de gabias e colocación dalgunha reixa de protección para mellorar a accesibilidade e a drenaxe na rúa; a instalación dalgún colector na rúa para o depósito de lixo que evite o longo percorrido que deben facer actualmente para acceder a este servizo; e a conexión co saneamento, un servizo do que non dispón ningunha das vivendas desta rúa, a pesar da proximidade da rede municipal que chega ata as rúas do arredor: rúa do Tambre, das Mulas, Lindeiro e dos Porróns.

Á vista destas demandas, o Grupo Popular vai presentar unha iniciativa para que o Goberno municipal as incorpore na súa programación máis inmediata, tendo en conta que na súa maior parte son facilmente asumibles, a través das tarefas periódicas que executan no marco de contratos anuais ou mediante a brigada de obras. No relativo ao saneamento, proponse a curto prazo a redacción dun proxecto que permita afrontar as obras en canto as dispoñibilidades orzamentarias o permitan.

Comentarios
Lo más