jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

61 residentes rematan a súa formación como residentes na área de Santiago

61 residentes rematan a súa formación como residentes na área de Santiago
61 residentes rematan a súa formación como residentes na área de Santiago

Posteriormente houbo unha pequena homenaxe para os alumnos de sexto de medicina que fixeron as súas prácticas nalgún dos centros da área sanitaria

A Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza despediu este xoves aos 61 especialistas que remataron a súa formación como residentes nos distintos centros da área nun acto no que combinou a asistencia presencial coa telemática.

A xornada tivo lugar ás 13.00 horas no edificio Nóvoa Santos, ao que asistiron a xerente, Eloína Núñez Masid, o Decano da Facultade de Medicina da USC, Julián Álvarez, o xefe de estudos e presidente da Comisión de Docencia do CHUS, Rogelio Leira e o xefe de estudos da Unidade Docente de Medicina Familiar e Comunitaria, Sergio Cinza.

En total son 61 os residentes que rematan a súa formación nos centros da área compostelá  en 32 especialidades: Hoxe remataron: 1 residente de anatomía patolóxica; 4 de anestesioloxía e reanimación; 1 de anxioloxía e cirurxía vascular; 1 aparato dixestivo; 3 cardioloxía; 1 cirurxía ortopédica e traumatoloxía; 1 cirurxía plástica, estética e reparadora; 2 cirurxía xeral e do aparato dixestivo; 1 dermatoloxía e venereoloxía; 1 endocrinoloxía e nutrición; 1 farmacia hospitalaria; 1 hematoloxía e hemoterapia; 13 medicina familiar e comunitaria; 1 medicina intensiva; 2 medicina interna; 1 medicina preventiva e saúde pública; 1 nefroloxía; 1 pneumoloxía, 1 neurocirurxía; 1 nefroloxía clínica; 2 neuroloxía; 2 obstetricia e xinecoloxía; 2 oftalmoloxía; 1 oncoloxía médica; 1 otorrinolaringoloxía; 6 pediatría; 1 psicoloxía clínica; 2 psiquiatría; 2 radiodiagnóstico; 1 de radiofísica hospitalaria; 1 reumatoloxía e 1 uroloxía.

Para eles houbo palabras de recoñecemento e agradecemento por parte dos representantes que asistiron ao acto de despedida.

A xerente, Eloína Núñez, que presidiu a xornada, felicitou e agradeceulles aos novos especialistas o seu traballo nos centros sobre todo neste último ano no “vos tocou vivir situacións duras e inéditas a causa da pandemia”. Asemade considerou “un privilexio” poder desenvolver a formación da especialidade nun extraordinario centro no que conflúen un alto nivel asistencial, docente e investigador” e  animounos a seguir “formándose e investigando ao longo de toda a vosa traxectoria”, o mesmo que recordou a importancia de “humanizar a nosa profesión, de coidar ao paciente, de escoitalo, amais de curalo”. A doutora Núñez, rematou a súa intervención desexando sorte e éxito no persoal en no profesional aos asistentes.

A área sanitaria de Santiago e Barbanza conta con centros de referencia tanto a nivel asistencial como docente e investigador. É unha área que ten unha antiga e estreita relación coa Universidade de Santiago de Compostela e unha gran tradición na formación de

excelentes profesionais. Ten acreditación para todas as especialidades e forma, cada ano, 300 residentes de distintos anos en diferentes servizos . Hoxe remataron a súa formación 61   novos especialistas.

Comentarios
Lo más