Xoves caloroso en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 25 graos
O xoves Galicia permanecerá na influencia das altas presións con entrada de aire cálido desde o sur peninsular. Así, os ceos estarán despexados ou con intervalos de nubes de tipo alto. Á noite chega unha fronte fría que deixará os ceos cubertos, con chuvias no noroeste. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. O vento soprará frouxo, de compoñente oeste en xeral.
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o xoves pola noite e o sábado. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán moderadamente, a pesar de que oscilarán.