jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O Foro Civico pide un trato financiero xusto para a Universidade de Santiago

O Foro Civico pide un trato financiero xusto para a Universidade de Santiago
Foto: Santi Alvite
O Foro Civico pide un trato financiero xusto para a Universidade de Santiago

O Foro Cívico reuniuse nos últimos días para debatir e afondar na financiación da USC, tendo en conta, apuntan dende a entidade, “a relevancia do papel da Universidade na nosa cidade”.




No curso 2019-20 matriculáronse 19.023 estudantes de grao, 1.966 de másteres e 2.574 en programas de doutoramento. Un 85% dos alumno cursan estudos de grao en facultades e escolas do campus de Santiago d Compostela. Nos programas de mobilidade de acollida ou saída, participaron 1.840 estudantes. Ao abeiro do Programa Erasmus asináronse 1.142 acordos de intercambio con 453 universidades de 31 países europeos e 500 estudantes da USC foron acollidos noutras universidades e 338 estudantes europeos viñeron realizar estudos á USC. O cadro de persoal da USC está composto por 3.294 persoas: 2.071 son Persoal Docente e Investigador (63 %) e 1.223 Persoal de Administración e Servizos (37 %). O 47,7 % do cadro de persoal son mulleres. O 82 % do persoal da USC (o 79 % do PDI e o 87 % do PAS) traballa en centros ouservizos do Campus de Santiago e un 18 % no Campus de Lugo (o 21 % do PDI e o 13 % do PAS).

Estes datos representan unha achega da relevancia do papel da Universidade na nosa cidade, pero esta relevancia non só ten un carácter cuantitativo senón tamén cualitativo.

Dende o Foro indican que dende o punto de vista económico, “resulta transcendental a presenza da USC”. “O cálculo aproximado da porcentaxe do PIB local que achega sitúase arredor do 20 % tanto na súa contribución directa como o impacto que ten sobor doutros sectores económicos (hostalería, transporte, turismo, etc.). Este é un feito diferencial respecto ás restantes Universidades galegas e as súas cidades onde a presenza e incidencia das súas respectivas Universidades é moito máis cativa”, sinalaron dende o Foro Cívico.


Ademais, defenden que a perspectiva do futuro das cidades, as Universidades en xeral, “e a nosa en particular, teñen que xogar un papel clave no desenvolvemento económico do seu territorio pola súa achega á xeración do I+D+i”. “As distintas áreas de investigación e de actividade científica tecnolóxica”, engaden, “son de enorme importancia para o conxunto do desenvolvemento económico (biomedicina, farmacia, saúde, medio ambiente, recursos naturais, produción industrial e materiais, etc.)”.



Comentarios
Lo más