jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Profesionais do IDIS captaron máis de 31 millóns de euros para investigación o pasado ano

Profesionais do IDIS captaron máis de 31 millóns de euros para investigación o pasado ano
Profesionais do IDIS captaron máis de 31 millóns de euros para investigación o pasado ano

No 2020 acadou financiación para levar a cabo 88 novos proxectos de investigación, dos que 8 son internacionais

O consello reitor do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) aprobou este marts a Memoria de actividade 2020 na que se constata o crecemento incesante na captación de fondos e recursos un ano máis. No pasado exercicio, os investigadores composteláns captaron máis de 31 millóns de euros e acadaron fondos para desenvolver 88 novos proxectos de investigación en convocatorias de concurrencia competitiva de índole autonómica, nacional e internacional, ademais mantense a súa capacidade de atracción coa consecución de máis de 5 millóns de euros para a contratación plurianual de 60 novos profesionais.

Mantense así a situación de liderado do IDIS como un dos institutos de investigación sanitaria máis competitivos no ámbito nacional e de referencia absoluta en Galicia. Nos dez anos de andadura acreditada do principal polo de investigación biomédica público galego desenvolvéronse 687 proxectos de investigación e captáronse 216.344.110 € para, desde Compostela, contribuír á mellora da saúde da cidadanía e manter intacta a tradición sanitaria da capital galega.

Así, pesares das dificultades do pasado ano e da diminución nas convocatorias para investigación no eido xeral, os investigadores do IDIS captaron un total de 31.340.579 euros para o desenvolvemento de numerosas actividades. Así, acadaron 14.267.940€ para levar a cabo 88 proxectos de investigación, dos que 8 son internacionais, 56 nacionais e 24 galegos, e conseguíronse máis de 5 millóns de euros para a contratación de persoal (60 profesionais entre eles convocatorias nacionais tan competitivas como 2 Sara Borrel, 2 Ramón y Cajal, 2 Juan Rodés, 3 Miguel Servet, 7 Río Hortega ...).

Transcorridos dez anos desde a súa acreditación, o IDIS cuadriplicou o número de investigadores, pasando de 319 no 2010 a 1.347 no 2020, vencellados a 95 grupos diferentes que se atopan distribuídos en 6 áreas científicas (Oncoloxía, Xenética, Endocrinoloxía, Neurociencias, Metodoloxía e Inflamación). O 66.5 % destes investigadores teñen adscrición directa ao Sergas e o 33.5% á USC. A captación de fondos para a contratación de investigadores grazas ás convocatorias directas de recursos humanos ascendeu a 5.196.899 euros, case dez mil euros máis que o pasado ano.

A produción científica tamén segue a experimentar un crecemento imparable, así no 2020 viron a luz 923 publicacións, tres veces máis que as conqueridas no 2010. Ao longo deste decenio os investigadores do IDIS publicaron case 6.400 traballos nas principais revistas científicas, acadando un factor impacto medio de 5.92 no pasado exercicio. A práctica totalidade destes estudos (550) publicáronse en revistas do primeiro quartil.

Tampouco cesou a actividade doutoral e se presentaron 67 teses doutorais presentadas no 2020, mentres que no ámbito da traslacionalidade solicitáronse 59 patentes (45 delas de aplicación internacional) das que 18 xa foron concedidas. No marco das investigacións do IDIS creáronse 5 spin off: bflow; FlowReserve; QuBiotech; NasasBiotech; Dart e Lincbiotech, así como dúas marcas rexistradas: DiverSa e GalCovid.

Comentarios
Lo más