jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O sol chega, pero non para quedarse

O sol chega, pero non para quedarse
O sol chega, pero non para quedarse

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 21 graos

As altas presións dos Azores entrarán durante esta xornada en Galicia achegando estabilidade. Deste xeito amenceremos con intervalos de nubes baixas e néboas en vales do interior que tenderán a desaparecer para quedar os ceos despexados a partir do mediodía. As temperaturas mínimas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado, mentres que as máximas continuarán sen cambios ou en lixeiro ascenso. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte e aumentando en intensidade pola tarde nas Rías Baixas.

En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o  venres pola tarde. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado aínda que oscilarán e máximas sen cambios, a pesar de que oscilarán.

Fuente; Meteogalicia

Comentarios
Lo más