Ribeira supera o reto de Ecoembes para a recollida de envases
Entregará o cheque de 2.000 euros a Cruz Vermella
Ribeira foi un dos nove municipios galegos capaces de superar o reto planteado por Ecoembes, consistente en lograr aumentar un 10% a recollida de envases no contedor marelo durante os meses de febreiro, marzo e abril con respecto ao mesmo período do 2020: un reto que estaba premiado cunha recompensa de 2.000 euros a entregar a unha organización social de elección de cada concello.
A primeira tenente de alcalde de Ribeira, María Sampedro, desprazouse a Sanxenxo o pasado venres ao acto de entrega dos correspondentes cheques, que contou coa presenza da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta, Ángeles Vázquez. A delegación ribeirense de Cruz Vermella será a entidade á que se destine a citada contía económica coa fin de contribuír aos seus fins.
Os outros oito concellos distinguidos foron Arteixo, Lalín, Ourense, Ponteareas, Porriño, Sanxenxo, Tui e Viveiro.