Preséntanse novas edicións da novela “La Casa de la Troya” de Pérez Lugín en galego, italiano e danés
Será este martes, 18 de maio, no Casino de Santiago (12:00 h)
Alejandro Pérez Lugín escribiu a novela La Casa de la Troya no ano 1915, con portada ilustrada por Castelao. Este martes, 18 de maio, o Casino de Santiago -un dos espazos históricos que aparece na novela- acollerá, ás 12:00 horas, a presentación de tres novas edicións da novela, traducidas ao galego, ao italiano e ao danés.
No acto estarán o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a tradutora da versión en galego, Mercedes Pacheco; a tradutora da versión danesa, Pia Poulsen; o presidente da Asociación Cultural “Café Casino de Santiago”, Ubaldo Rueda; ademais do presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, entidade que xestiona o Museo Casa de la Troya, Benigno Amor.