Pouco a pouco o bo tempo vaise abrindo paso en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 19 graos
Aínda durante as primeiras horas da día notaremos o paso da fronte fría, polo que comezaremos a xornada con nubes baixas e chuvias que irán remitindo co avance da mañá. Pola tarde quedaremos con alternancia de nubes e claros, coa posibilidade dalgún chuvasco xa moi illado e ocasional. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos, do suroeste pola mañá tomando pola tarde dirección noroeste.
En Santiago, ceos con nubes e claros ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo predominarán pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións nas primeiras horas do martes. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que ascenderán notablemente.
Fuente; Meteogalicia