jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Miles de persoas enchen a Praza do Obradoiro en defensa do galego

Miles de persoas enchen a Praza do Obradoiro en defensa do galego
Foto: Queremos galego
Miles de persoas enchen a Praza do Obradoiro en defensa do galego

A Praza do Obradoiro acolleu este luns 17 de maio, Día das Letras Galegas, a miles de persoas durante o transcurso dun acto convocado pola plataforma Queremos Galego para reivindicar o uso do idioma propio fronte ás políticas lingüísticas da Xunta.

Na movilización, que ven sendo habitual cada 17 de maio en contraposición aos actos institucionais, poideronse escoitar cánticos coma "En Galicia, en galego!".  O evente, con carácter festivo e cumplindo as normas Covid,  estivo conducido pola actriz Isabel Risco e contou coa presenza da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, entre outros cargos

Durante o acto Marcos Maceira apuntou que “40 anos de autonomía non garantiron a posibilidade de emprego da lingua propia con total liberdade, sen restricións, con presenza absoluta na administración pública, na empresa, na vida social ou cultural. Sen coaccións que obriguen a optar por outra lingua renunciando á propia”.

No seu discurso tamén asegurou que “Somos a única nación do Estado na que a lingua está sostida exclusivamente na forza da sociedade, sen goberno e soporte institucional que acompañe. É a sociedade quen está a atenuar, os efectos da desigualdade e de falta de liberdade plena para vivir en galego.”

Comentarios
Lo más