Sábado pasado por auga en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 15 graos
O sábado Galicia queda na influencia dunha borrasca situada ao oeste de Irlanda e unha fronte estacionaria asociada afectará á nosa Comunidade durante este día. Así, teremos ceos cubertos en xeral, con chuvias persistentes, máis intensas na franxa atlántica. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado a notable ascenso, mentres que as máximas seguirán sen cambios ou en lixeiro descenso. Os ventos soprarán do suroeste, moderados en xeral, fortes no litoral e zonas altas.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros, aínda que ocasionalmente poderán atoparse pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o sábado. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas en ascenso moderado.
Fuente: Meteogalicia