Bugallo prevé ampliar ao entorno das escolas a circulación a 20km/h
O rexedor non ve "dificultade" nas áreas a 10km/h
En roda de pernsa, o alcalde recordou que esta semana entraron en vigor os novos cambios que limitan a velocidade nas cidades. Explicou que as zonas 20, ademáis do Campus, estenderánse á contorna dos centros escolares, "e posiblemente e a outros ámbitos, como o Ensanche, aínda que non está decidido".
Sobre a limitación a dez quilómetros por hora en algún trámo da rúa do Hórreo, pensa "que non ten dificultade", e puxo como exemplo outros puntos onde xa existe esa limitación, como a "zona de San Francisco, a propia cidade histórica, ou o cruce entre a Rúa de Montero Ríos e a Rúa de Xeneral Pardiñas".
Lembrou, tamén, que o límite de velocidade na zona do túnel de Conxo é de 50 quilómetros por hora. "Debo facer constar", sinalou, "que a maioría de condutores son conscientes desta limitación. Todo isto, engadiu, "ten un obxectivo: mellorar a seguridade vial en Santiago, e continuar reducindo o número de accidentes".