jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Tregua durante o día, chuvia de noite

Tregua durante o día, chuvia de noite
Tregua durante o día, chuvia de noite

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 15 graos

Galicia quedará durante o venres de xeito transitorio baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos parcialmente cubertos, con máis claros na provincia de Ourense e sur de Lugo. Xa pola noite volverán as chuvias polo norte e oeste de Galicia. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios ou mesmo en lixeiro ascenso. Os ventos soprarán frouxos do suroeste, aumentando en intensidade co avance do día e sendo fortes no extremo norte.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o xoves, o venres e o sábado. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas sen cambios.

Comentarios
Lo más